Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Canal estreou a temporada 2021 na Clàssica Comunitat Valenciana 1969

25 DE ENERO DE 2021

O limiao do Burgos BH cruzou a liña de meta na 62ª posición

Canal-estreou-a-temporada-2021-na-ClA�ssica-Comunitat-Valenciana-1969

A Clàssica Comunitat Valenciana 1969 - Gran Premio Valencia inaugurou este domingo a temporada europea profesional de estrada con dous ciclistas galegos tomando a saída en La Nucía. Carlos Canal (Burgos BH) e Fernando Lopes (Gios-Kiwi Atlántico) completaron os 97 quilómetros desta proba de categoría UCI 1.2. O limiao foi o primeiro dos representantes autonómicos en cruzar a liña de meta, a 5:02 do gañador Lorrenzo Manzin (Total Direct Energie) e ocupando a 62ª posición.

Despois de dezaseis anos sen celebrarse, o anteriormente denominado Trofeo Luis Puig regresou ao calendario. O seu percorrido viuse a última hora recortado nuns 50 km por motivos de seguridade, mantendo o paso pola súa principal dificultade montañosa, o Coll de Rates. Este porto de 2ª categoría coroouno Canal formando parte do selecto grupo principal.

No treito final producíronse 'abanicos' e o corredor de Xinzo de Limia iniciou a súa segunda campaña como profesional cedendo cinco minutos respecto ao pelotón na chegada a Tavernes de la Valldigna. Pola súa banda, o valdeorrés Lopes finalizou a 20:51 do vencedor e clasificándose 92º. 

O ciclismo galego de estrada conta no 2021 con sete ciclistas con licenza profesional. Ademais de Canal e Lopes, Delio Fernández continúa no Team Delko francés e os outros catro corredores pertencen a equipos portugueses: Gustavo César Veloso, Alejandro Marque e Samuel Blanco defenden as cores do Atum General Tavira, mentres que Ángel Sánchez milita por segundo ano consecutivo no Tavfer-Measindot-Mortágua.

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es