29 DE ABRIL DE 2021
Este sábado, día 1 de maio, os corredores da categoría júnior masculina de estrada participarán nunha xornada de tecnificación na localidade pontevedresa de Caldas de Reis. Esta primeira toma de contacto estará enfocada á valoración das necesidades que teñan os ciclistas, presentación do novo plan estratéxico que está a elaborar a Federación Galega de Ciclismo e á formación dos corredores.
Como convidado de excepción asistirá Ezequiel Mosquera. O excorredor de Teo, un dos ciclistas máis sobranceiros na historia de Galicia, dará unha charla na que explicará o que significa ser un equipo, tanto dentro como fóra da competición.
Nesta xornada tamén estaba prevista a presenza das corredoras da categoría júnior feminina, pero estas ciclistas atoparanse este sábado disputando a XIX Balmasedako Emakumeen Saria, proba que pertence á Copa de España. Desexámoslles unha boa participación.
O novo plan estratéxico da Federación Galega de Ciclismo levarase a cabo nas categorías cadete, júnior, elite e sub23, tanto masculina como feminina. As distintas categorías iranse incorporando proximamente nas xornadas que se realizarán ao longo da temporada.
Os corredores citados para este sábado por Jose Manuel Abalo, director técnico da Federación Galega de Ciclismo para a categoría júnior, son os seguintes:
JUNIORS MASCULINOS
|
||
APELIDOS |
NOME |
EQUIPO
|
Díz Vences |
Breogán |
ALUMINIOS CORTIZO |
Souto Fernandez |
Pedro |
ALUMINIOS CORTIZO |
Gallego Rodríguez |
Gonzalo |
VIGO-RIAS BAIXAS |
Fernández Martínez |
Iván |
VIGO-RIAS BAIXAS |
Valverde Leiros |
Andrés |
VIGO-RIAS BAIXAS |
Buba Sopko |
Ricardo Martín |
VIGO-RIAS BAIXAS |
López González |
Javier |
CAMBRE-CAEIRO |
Rodríguez Rodríguez |
Luis |
CAMBRE-CAEIRO |
Maceiras Fernández |
Pablo |
CAMBRE-CAEIRO |
Meilan Pardiño |
Rubén |
CIDADE DE LUGO |
Vázquez Sánchez |
Diego |
CIDADE DE LUGO |
Pollan Díaz |
David |
CIDADE DE LUGO |
Fandiño Fernández |
Rubén |
BATHCO |
Rey Vázquez |
Martín |
EMICO-ERBI BEMBIBRE |
Gonzalez Borjes |
David |
MASTER LOURIÑA |
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
FORMACIÓN
CARRETERA
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es