Facebook Twitter Youtube Instagram Español

As xornadas de tecnificación da FCG arrancaron cos juniors masculinos de estrada

01 DE MAYO DE 2021

Ezequiel Mosquera asistiu como convidado especial á convivencia celebrada en Caldas de Reis

As-xornadas-de-tecnificacion-da-FCG-arrancaron-cos-juniors-masculinos-de-estrada

Os juniors masculinos de estrada foron este sábado os encargados de abrir as xornadas de tecnificación postas en marcha pola Federación Ciclismo Galego (FCG). Unha quincena de corredores en idade xuvenil participaron na localidade pontevedresa de Caldas de Reis nun intenso día de convivencia. 

Jose Manuel Abalo, máximo responsable da categoría júnior, e Jacobo Ucha estreáronse como novos directores técnicos da FCG coordinando esta xornada que arrancou cun adestramento grupal polas estradas da comarca de Caldas. Finalizada a saída en bicicleta, os ciclistas recuperaron forzas cun xantar no Hotel Sena, onde pola tarde se celebrou unha dobre activididade formativa: a presentación do novo plan estratéxico de tecnificación elaborado pola FCG e unha charla de Ezequiel Mosquera. 

O exciclista profesional de Teo foi o convidado de luxo a esta convivencia, ofrecendo unha charla sobre a importancia do traballo en equipo e recordando anécdotas da súa etapa como corredor. Para rematar a xornada, os juniors saíron a camiñar antes de regresar ás súas localidades de orixe. 

A FCG agradece a todos os corredores a actitude amosada, así como colaboración prestada polos seus clubs para que esta xornada se puidera levar a cabo. Do mesmo xeito, os responsables da federación queren felicitar ao Hotel Sena polo trato e o servizo prestados. 

O novo plan estratéxico da Federación Galega de Ciclismo continuará con novas xornadas dedicadas a outras categorías, dende cadetes a elites, tanto masculinas como femininas. 

GALERÍA DE FOTOS

As xornadas de tecnificación da FCG arrancaron cos juniors masculinos de estrada
As xornadas de tecnificación da FCG arrancaron cos juniors masculinos de estrada
As xornadas de tecnificación da FCG arrancaron cos juniors masculinos de estrada
As xornadas de tecnificación da FCG arrancaron cos juniors masculinos de estrada
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es