Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Inscrición para o Trofeo Concello de Carballo

14 DE MAYO DE 2021

Ademais de anotarse na páxina web da FCG, é obrigatorio para completar o rexistro dos equipos (técnicos, corredores e vehículos) cubrir un formulario na web do Club Ciclista Carballo

Inscricion-para-o-Trofeo-Concello-de-Carballo

O sábado 22 de maio terá lugar o Trofeo Concello de Carballo 2021 no Polígono empresarial de Bértoa. Este evento pon en marcha a Copa Galicia Cadete de Estrada e tamén será a primeira cita da temporada para as/os corredoras/es das categorías Promesa, Principiante, Alevín, Infantil. A cita organizada polo Club Ciclista Carballo conta cun tope de participación de 250 ciclistas e limítase a deportistas empadroados nalgunha das catro provincias galegas. 

Ademais do habitual proceso de inscrición na páxina da Federación Ciclismo Galego, é obrigatorio para completar o rexistro dos equipos (técnicos, corredores e vehículos) cubrir o formulario que vai estar habilitado na páxina web www.cccarballo.com

Horarios provisionais 

Promesas/Principiantes – Saída ás 16:00 horas
Xincana

Alevíns – Saída ás 17:00
2 voltas circuíto (4,6 km)

Infantís – Saída ás 17:30
6 voltas circuíto (13,8 km)

Cadetes – Saída ás 18:15
15 voltas circuíto (34,5 km)

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es