Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Sergio Lorenzo apuntala na estrea do G.P. Borja Gómez Méndez o seu liderado na Copa Galicia Júnior

14 DE SEPTIEMBRE DE 2021

A cadete Aroa Otero, o cadete Mauro Amor e a júnior Claudia García foron os outros gañadores nas categorías do certame autonómico

Sergio-Lorenzo-apuntala-na-estrea-do-GP-Borja-Gomez-Mendez-o-seu-liderado-na-Copa-Galicia-Junior

A Copa Galicia de Estrada viviu en menos de 48 horas dúas xornadas con puntos en xogo. Esta dobre cita tivo como primeira parada La Nocturna de O Porriño o venres pola noite e a segunda entrega celebrouse o domingo en Ponteareas coa estrea do Gran Premio Borja Gómez Méndez, nova denomicación para un evento que conserva o apelido de Trofeo Festas de Setembro. A proba organizada polo Club Ciclista Ponteareas non provocou ningún cambio de líder nas clasificacións xerais do certame autonómico. 

O gran triunfador desta xornada foi o corredor que defendía o primeiro posto no ranking júnior da Copa. Sergio Lorenzo venceu en Ponteareas dous días despois de vestirse de líder en O Porriño. A carreira estrela do G.P. Borja Gómez Méndez resolveuse con sete ciclistas disputando un esprint no que o corredor do Cidade de Lugo-Mybike impuxo a súa punta de velocidade por diante de Fabián Rodríguez (Cambre) e Ricardo Buba (Vigo-Rías Baixas), segundo e terceiro respectivamente. Menos emoción tivo a competición xuvenil feminina coa líder Claudia García (Team Farto-BTC) cruzando en solitario a liña de meta. 

Os outros dous líderes do certame autonómico ocuparon o mesmo posto en Ponteareas. A cadete Lara Fuentes (Cambre) ampliou a súa vantaxe na xeral facendo terceira en Ponteareas, ao finalizar a 47 segundos de Marta Estévez (Avanza-O Porriño) e a 1:02 de Aroa Otero, que subiu ao máis alto do podio no dobrete do Avanza-O Porriño. Pola súa banda, a terceira praza de Alejandro Crende (Cidade de Lugo-Mybike) chegou ao esprint. O portador do maillot da Copa entrou por detrás de Xano Gil (Ponteareas) e do gañador Mauro Amor (Cambre).

A nómina de vencedores deste Gran Premio completárona Lucía González (O Rosal) e Breixo Alvariño (Ponteareas) en Promesas; Saray Álvarez (O Rosal) e Mateo Rodríguez (O Rosal) en Principiantes; Carmen Cabot (Padronés) e Lucas Lozano (Farto) en Alevíns; e Lorena Patiño (Farto) e Diego López (Compostelano) en Infantís. A entrega de premios contou coa presenza da alcaldesa Cristina Fernández Davila, do concelleiro de deportes Miguel Bouzó e do padriño do evento Borja Gómez Méndez.

A Copa Galicia de Estrada continuará este sábado en Lugo con 57º Gran Premio Milagrosa 2021. 

 

Clasificacións da xornada

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es