Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Pontevedra, Padrón e Vigo repiten nos calendarios das Copas de España de Estrada

27 DE NOVIEMBRE DE 2021

A cidade do Lérez abrirá o certame feminino mentres que o elite-sub23 masculino concluirá coas dúas probas galegas

Pontevedra-Padron-e-Vigo-repiten-nos-calendarios-das-Copas-de-Espana-de-Estrada

A Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) aprobou na súa última reunión a composición dos calendarios 2022 das Copas de España de Estrada. Galicia acollerá tres probas destes certames estatais. Pontevedra, Padrón e Vigo consolídanse como sedes despois de terse estreado este ano. 

A Copa de España Féminas Cofidis arrancará o 27 de marzo coa segunda edición do Gran Premio Cidade de Pontevedra. A proba organizada por Noko 360 Sports Consulting volverá reunir na cidade do Lérez ao pelotón estatal cadete, júnior, elite-sub23 e máster. En xogo estarán as primeiras camisolas de líderes.

A Copa feminina abrirase en Galicia e a elite-sub23 masculina pecharase na nosa comunidade cunha dobre entrega. Tras non poder estrearse no calendario do certame español por mor da pandemia no 2020, a Clásica de Pascua-Ruta Xacobea repite e desta vez fárao como décima e penúltima xornada. A 60ª edición da emblemática carreira do Club Ciclista Padronés disputarase o 7 de maio. 

A fin de semana seguinte, o certame máis prestixioso da categoría elite-sub23 resolverase na segunda edición da Vigo Copa de España. O 15 de maio despexaranse todas as incógnitas da Copa 2022 co Vigo-Rías Baixas como anfitrión. Na cidade olívica coroaranse os gañadores finais do circuíto que exerce de trampolín ao profesionalismo. 

Máis información

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es