Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Ángel Sánchez triunfa no GP Mortágua-Pedro Silva

31 DE JULIO DE 2022

O cambadés conseguiu a súa primeira vitoria da temporada no último test antes da Volta a Portugal

angel-Sanchez-triunfa-no-GP-Mortagua-Pedro-Silva-

Foto: João Fonseca

A Volta a Portugal arranca o vindeiro xoves, día 4, e no último test do calendario luso antes da Grandíssima un galego venceu en solitario. O cambadés Ángel Sánchez (Tavfer-Mortágua) triunfou este domingo no 20º Gran Premio de Mortágua - Pedro Silva, unha carreira dun día con 144 quilómetros de percorrido. Dos dezaoito equipos que disputaron esta proba aberta aos conxuntos elite-sub23, catro deles desprazáronse dende a nosa comunidade (Padronés-Cortizo, Drone Hopper-Gsport-Grupo Innova Tormo, Retelec-Alca e Lasal Cocinas-Louriña).

Nun trazado ondulado, con tres premios de montaña de 3ª categoría, nos quilómetros iniciais destacouse un grupo de 35 corredores que seguiu unido durante a primeira volta ao circuíto que viría a ser completado tres veces. Antes do segundo paso pola liña de meta comezaron os ataques dentro da fuga, colocándose doce corredores á fronte da carreira.

A aposta en solitario de Ángel Sánchez chegou na terceira e última volta. O pupilo de Gustavo César Veloso acumulou unha vantaxe superior ao minuto, diferenza que soubo xestionar para acabar impoñéndose con 52" de marxe respecto ao uruguaio Eric Fagúndez (Padronés-Cortizo). O cambadés, na súa primeira vitoria da temporada, tamén se apuntou as Metas Volantes. O Tavfer-Mortágua ampliou a súa colleita de podios co terceiro posto de Bruno Silva, a 1'24" do seu compañeiro de equipo, e adxudicándose a clasificación por escuadras.

 

Clasificación

 

Fonte: Federaçao Portuguesa

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es