Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Campionato de Galicia por partida tripla en Betanzos

23 DE SEPTIEMBRE DE 2022

As categorías femininas e a cadete e a júnior masculinas pugnarán este sábado polos títulos autonómicos de estrada

Campionato-de-Galicia-por-partida-tripla-en-Betanzos

Este venres foi presentado no salón azul do edificio Liceo de Betanzos o Campionato de Galicia de Fondo en Estrada para as categorías cadete, júnior e de mulleres. Coa presenza da alcaldesa de Betanzos, o concelleiro de deportes, o presidente da Federación Ciclismo Galego, membros da directiva e algunhas das corredoras do Club Ciclista Betanzos que mañá disputarán a proba, dábase conta dun campionato que congregará en Betanzos, desde as 12:00 horas da mañá, ao futuro do ciclismo galego.

Tres carreiras para cada unha das categorias sobre o famoso percorrido da volta á ria cunha volta final ao Galibier. Os cadetes completarán dúas voltas curtas e unha longa (64 quilómetros), as mulleres dúas voltas curtas e unha longa (64 km), nesta categoría as cadetes se incoporan na segunda volta e darán unha curta e unha longa (46 km), e os juniors 4 voltas curtas e unha longa (100 km). A praza García Hermanos albergará todo a infraestrutura de equipos e sera tamén onde teñan lugar as saídas e chegadas de cada unha das probas.

Este triplo campionato empezará ás 12:00 horas da mañá cos cadetes, seguira ás 14:00 h. da tarde coas mulleres e terminarán os juniors ás 16:30 h. Segundo os horarios que se manexan, sobre as 19:30 finalizará o programa de competicións e entregaranse os premios.

Ao peche do prazo de inscrición anotáronse 152 corredores: 64 cadetes, 38 mulleres e 45 juniors. Participarán a práctica totalidade de escolas e clubs do ciclismo galegos e un asturiano.

Por parte do Club Ciclista Betanzos, coa baixa de ultima hora de Antón Pérez por lesión na categoría cadete, será a categoria de mulleres onde a camisola negra e vermello do CCB lucirá e moito con sete mozas na saída ( catro cadetes, unha junior e dúas elites). Un dato que reforza a idea que desde o club estamos a traballar de cimentar un proxecto de ciclismo feminino de cara ao futuro.

Fonte: Club Ciclista Betanzos

GALERÍA DE FOTOS

Campionato de Galicia por partida tripla en Betanzos
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es