Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Pontevedra, Padrón e Vigo mantéñense nos calendarios das Copas de España de estrada no 2023

04 DE NOVIEMBRE DE 2022

A Boa Vila acollerá o 26 de marzo a segunda proba do certame feminino e a competición masculina Elite-Sub23 finalizará cunha dobre cita, 20 e 21 de maio, en Galicia

Pontevedra-Padron-e-Vigo-mantenense-nos-calendarios-das-Copas-de-Espana-de-estrada-no-2023-

A Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) aprobou na súa última xuntanza o calendario de probas para a temporada 2023 das Copa de España de estrada e por terceiro ano consecutivo Galicia conta con tres eventos. O Gran Premio Cidade de Pontevedra exercerá o 26 de marzo de segunda xornada do certame feminino e case dous meses máis tarde, o 20 e o 21 de maio, a competición Elite-Sub23 concluirá cunha dobre cita durante a mesma fin de semana na nosa comunidade: a X Rutas Xacobeas en Padrón e a Vigo Copa de España na cidade olívica. 

As ciclistas cadetes, juniors, elite-sub23 e masters buscarán puntos para a Copa de España na Boa Vila unha semana despois de que o circuíto de carreiras femininas arranque na localidade guipuscoana de Beasain. O calendario 2023 compóñeno un total por oito probas. O Gran Premio Cidade de Pontevedra estará organizado un ano máis pola empresa Noko 360.

Do mesmo xeito que aconteceu esta campaña, os últimos dous asaltos dos once que forman o calendario da Copa de España Elite-Sub23 masculina disputaranse en Padrón e en Vigo. Porén, no 2023 a carreira do Padronés-Cortizo e a do Vigo-Rías Baixas comparten fin de semana. O sábado 20 de maio será a quenda da X Rutas Xacobeas no sur da provincia da Coruña e ao día seguinte o certame estatal baixará o pano na Vigo Copa de España percorrendo o sur da provincia de Pontevedra. 

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es