Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Volve a Clásica Álvaro Pino

14 DE MAYO DE 2021

O 3 de outubro en Ponteareas

Volve-a-Clasica-alvaro-Pino-

O gran fondo cicloturista que leva o nome do ilustre exciclista galego Álvaro Pino volve a Ponteareas despois de 5 anos sen celebrarse e xa ten data oficial, o 3 de outubro.

A marcha estrea un novo organizador, a asociación deportiva Plan  C, en colaboración co Concello de Ponteareas. A pesar dos anos de ausencia a Clásica mantén todos os obxectivos e a esencia de anteriores edicións: seguir sendo unha das referencias do calendario cicloturista e, ao mesmo tempo, manter viva na memoria de todos a excelente carreira deportiva protagonizada polo gañador da Vuelta a España de 1986.

Trátase dun percorrido de 110 quilómetros, con saída (9:30 horas) e chegada a Ponteareas, cun tramo inicial neutralizado e o resto a velocidade libre, pero tentando reagrupar aos corredores nos avituallamentos da Cañiza e Covelo tentando así evitar a dispersión. A marcha pasará por 7 concellos (Ponteareas, Mondariz Balneario, Mondariz, Covelo, Cañiza, As Neves e Salvaterra), terá máis de 2.000 metros de desnivel acumulado nun percorrido esixente pero asumible, e pasará por 3 altos de montaña.

A presentación oficial da marcha tivo lugar este xoves 13 de maio ás 17:30, a hora exacta na que se cumpría o 35 aniversario da vitoria de Pino na Volta a España, e contou coa presenza do homenaxeado.

A organización, que estima unha participación de 400 corredores, quere destacar a importancia dos patrocinios para a celebración deste evento: Grupo Sestelo, Axa Jose Alfaya, Rodosa, Darlim, Concello de Ponteareas, Deputación de Pontevedra, GDR Condado Paradanta e numerosos comercios locais que colaborarán neste evento deportivo.

Novidades

Os primeiros pasos xa se están dando este ano, no que se estrea percorrido, “buscando unha maior beleza paisaxística e contribuíndo á promoción de novos enclaves da provincia de Pontevedra”, sinalan os organizadores.

O evento conta cunha páxina web www.clasicaalvaropino.com a través da cal xa se poden realizar as inscricións. Tamén conta con Facebook, Instagram e Twitter (@ClasicaPino) para manter informados a todos os participantes sobre o desenvolvemento da carreira.

 

GALERÍA DE FOTOS

Volve a Clásica Álvaro Pino
Volve a Clásica Álvaro Pino
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es