Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Luis Arcega anótase a xeral MC3 da Extremadura European Paracycling Cup

26 DE OCTUBRE DE 2021

O representante do ParaciclismoGalicia obtivo o segundo posto tanto na contra o reloxo como na proba en liña

Luis-Arcega-anotase-a-xeral-MC3-da-Extremadura-European-Paracycling-Cup-

Premio á regularidade para Luis Arcega nun evento valedoiro para o Ranking Continental C1 da Unión Ciclista Internacional (UCI). O corredor do ParaciclismoGalicia anotouse o triunfo na clasificación xeral MC3 da Extremadura European Paracycling Cup despois de rematar segundo nas dúas probas disputadas a pasada fin de semana na provincia de Cáceres. O galego tivo como principais rivais a paraciclistas neerlandeses.

A cita extremeña comezou o sábado coa carreira en liña. Stijn Boersma gañou cunha diferenza de 1:08 sobre Arcega, que no esprint pola segunda praza superou a Wouter Eijkman. O cuarto clasificado finalizou a case 10' do vencedor. 

A Extremadura European Paracycling Cup pechouse o domingo cunha contra o reloxo na que o representante do ParaciclismoGalicia repetiu posición. Arcega fixo segundo nas rúas da capital cacereña, a 2:16 de Eijkman e superando por 3:30 a Boersma, que ocupou o cuarto posto. 

A xeral deste díptico resolveuse co galego no máis alto, por riba dos neerlandeses Eijkman e Boersman, segundo e terceiro respectivamente. "Isto pono ao nivel dos grandes nomes internacionais. Orgullosos de que vista as nosas cores", sinala o ParaciclismoGalicia nas súas redes sociais.

Clasificacións

 

 

 

GALERÍA DE FOTOS

Luis Arcega anótase a xeral MC3 da Extremadura European Paracycling Cup
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es