Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Feijoo repite top-10 na última cita da Copa do Mundo

26 DE ENERO DE 2020

Feijoo repite top-10 na última cita da Copa do Mundo

Feijoo-repite-top-10-na-ultima-cita-da-Copa-do-Mundo

Por segunda fin de semana consecutiva, Iván Feijoo rematou este domingo décimo nunha proba da Copa do Mundo de ciclocrós. Nesta ocasión o sub-23 alaricano do Nesta-Skoda Alecar estivo entre os mellores no circuíto neerlandés de Hoogerheide. Os puntos acadados nesta cita outorgáronlle a vixésima posición no ranking final do certame mundial. 

O ourensán cruzou a liña de meta a 43 segundo do gañador, o ciclista local Ryan Kamp. “Un circuíto moi seco e rápido. Salvei algunha que outra caída nas primeiras voltas, chegando a rodar no grupo de cabeza, aínda que ao ser moi numeroso había moito nerviosismo. Ao final puiden terminar na 10ª posición e contento coas sensacións das últimas carreiras. Agora a recuperar para chegar ao Mundial o mellor posible”, aseverou Feijóo.

Clasificación sub23 masculina:
1 KAMP Ryan NED 0:47:15
2 BENOIST Antoine FRA 0:47:23
3 VANDEPUTTE Niels BEL 0:47:26
4 TULETT Ben GBR 0:47:28
5 MASON Cameron GBR 0:47:34
6 VAN DIJKE Tim NED 0:47:34
7 DORIGONI Jakob ITA 0:47:48
8 HENDRIKX Mees NED 0:47:50
9 RONHAAR Pim NED 0:47:52
10 FEIJOO ALBERTE Ivan ESP 0:47:58

Xeral da Copa do Mundo sub23 masculina:
1 KUHN Kevin 230
2 KAMP Ryan 220
3 BENOIST Antoine 185
4 VANDEPUTTE Niels 173
5 MEIN Thomas 173
6 ROUILLER Loris 138
7 KIELICH Timo 116
8 DORIGONI Jakob 114
9 RONHAAR Pim 109
10 KUYPERS Gerben 108
20 FEIJOO ALBERTE Iván 70

 

Foto: Lizzie Haumesser

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es