Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Iván Feijoo, top-10 na Copa do Mundo de Nommay

20 DE ENERO DE 2020

Iván Feijoo, top-10 na Copa do Mundo de Nommay

Ivan-Feijoo-top-10-na-Copa-do-Mundo-de-Nommay-

O alaricano Iván Feijoo (Nesta-Skoda Alecar) asinou o seu primeiro top-10 como sub-23 nunha proba da Copa do Mundo este domingo en Nommay (Francia). Unha semana despois de revalidar o seu título de campión de España, o ourensán sufriu unha caída nos compases iniciais e protagonizou unha espectacular remonta que o levou ata a décima posición final.

"Puiden facer unha boa carreira nun circuíto que se puxo moi técnico despois de desconxelarse. Fixen unha boa saída, pero unha caída fíxome perder moito tempo. Quedei sobre o 40, pero tiña moi bo ritmo e as sensacións eran boas así que ao final puiden conseguir un gran 10.º posto. Poderiamos ter loitado por máis, pero aínda así súper contento. Agora a por a parte final da tempada", comentou Feijoo.

O resultado acadado en Nommay impulsa ao de Allariz ata a 22ª posición na xeral da Copa do Mundo a falta dunha cita para a súa conclusión. 

Foto: Lizzie Haumesser

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es