Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Feijoo, Trabazo, Canal e Rodríguez concéntranse coa Selección Española de Ciclocrós en Altea

27 DE JULIO DE 2020

Os catro ciclistas galegos participan nun encontro correspondente ao Plan Estratégico de Alto Rendimiento y Tecnificación para disciplinas non olímpicas

Feijoo-Trabazo-Canal-e-Rodriguez-concentranse-coa-Seleccion-Espanola-de-Ciclocros-en-Altea

Os sub23 galegos Iván Feijoo (Nesta), Irene Trabazo (XSM) e Carlos Canal (Burgos-BH), e o júnior Miguel Rodríguez (Ponteareas) chegaron este luns á localidade alacantina de Altea para participar coa Selección Española de Ciclocrós na primeira concentración da temporada desta especialidade. Este encontro encádrase no Plan Estratégico de Alto Rendimiento y Tecnificación para disciplinas non olímpicas deseñado pola Real Federación Española de Ciclismo.

"Estamos moi contentos de poder celebrar esta semana a nosa primeira concentración con corredores de ciclocrós. A celebración deste stage é un importante avance que nos permitirá reforzar o labor que está a levar a cabo a excelente xeración de ciclocrosistas coa que contamos na actualidade e, ademais, poderemos seguir traballando coas novas xeracións para que o nivel da especialidade continúe crecendo e desenvolvéndose no noso país”, explica o seleccionador estatal Pascual Momparler respecto a este stage, que terá lugar ata o vindeiro xoves 30.

Estas catro xornadas de concentración permitirán aos técnicos do combinado español efectuar aos ciclistas os correspondentes test físicos e realizar con eles unha primeira aproximación aos importantes desafíos que esperan á Selección Española na campaña de ciclocrós 2020-2021.

En total, Momparler estará á fronte dunha expedición composta por 21 ciclistas, que durante o día de hoxe, do mesmo xeito que o equipo técnico, sometéronse a probas PCR para descartar calquera posible infección por COVID-19.

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es