Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Selección de Galicia de Ciclocrós estrea temporada este domingo na Copa de España de Alcobendas

19 DE NOVIEMBRE DE 2021

O combinado autonómico acode con doce cadetes á cuarta e penúltima cita do certame estatal

A-Seleccion-de-Galicia-de-Ciclocros-estrea-temporada-este-domingo-na-Copa-de-Espana-de-Alcobendas

As cores da Selección de Galicia regresan este domingo ás carreiras de ciclocrós. O combinado autonómico desta especialidade estrea temporada na cuarta e penúltima xornada da Copa de España. Doce ciclistas cadetes compoñen a expedición que se desprazará á Comunidad de Madrid para competir no IX Ciclocross Ciudad de Alcobendas en Bici. 

María Filgueiras, líder invicta da Copa de España, encabeza o conxunto feminino no que terá como compañeiras de selección a Lorena Patiño, Iris Fernández, María Cabot e á terceira clasificada na xeral Aroa Otero. Pola súa banda, o equipo masculino fórmano Tomás Pombo, Martín Díaz, Gael García, Xoel Cidrás, Mauro Vega, Antonio Casal e Noé Pérez. Dirixindo a esta ducia de cadetes estará o seleccionador galego Alberto del Río. 

As probas cadetes están arrancarán ás 10:35 horas no Parque Anabel Segura. A lonxitude do circuíto é de aproximadamente 3 quilómetros, sendo o 95% ciclable. O percorrido combina estrada, camiño, bosque e prado cunha anchura mínima de tres metros e onde os ciclocrosistas atoparanse obstáculos como montículos, taboleiros, subidas a pé, area, etc.

A Copa de España comezou o 9 de outubro en Pontevedra e continuou o 6 e 7 de novembro nas citas vascas de Llodio e Karrantza. A súa última xornada disputarase o 19 de decembro en Tarancón. Ademais do liderado de Filgueiras nas cadetes, outras dúas galegas encabezan os seus rankings. Eva Ortega (Biciosos-Rías Baixas) domina a táboa máster-30 e Marina González (Illas Cíes), a máster-40. 

GALERÍA DE FOTOS

A Selección de Galicia de Ciclocrós estrea temporada este domingo na Copa de España de Alcobendas
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es