Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Presentación do I Trofeo Ciclocross Concello da Cañiza

24 DE NOVIEMBRE DE 2021

A décima xornada da Copa Galicia arrancará este sábado ás 14:00 horas

Presentacion-do-I-Trofeo-Ciclocross-Concello-da-Caniza-

A Cañiza acolle este sábado o I Trofeo Ciclocross do Concello, organizado polo club Grupeta Pan De Zarko, décima xornada da Copa Galicia de Ciclocrós e puntuable con categoría 1.33.5 para o Ranking de Ciclocrós da Real Federación Española de Ciclismo.
 
O alcalde Luis Piña presentou hoxe este I Trofeo acompañado de Tito Ramírez, Verónica Romero e Tino Muñoz, organizadores do evento e membros da directiva do clube cañicense, e de Alberto del Río, seleccionador galego e técnico da Federación Ciclismo Galego.
 
O circuíto de 2.700 metros preparado na zona do Camping Carballo do Marco, albergará por primeira vez unha proba ciclista de ciclocrós. Conta con dous boxes de material individual e unha zona de lavado de bicicletas, un máximo de dous obstáculos artificiais e varias zonas de escaleiras polas que transitarán os ciclistas. Ademáis conta cunha zona de chamada e saída anexa á saída e meta, un posto de primeiros auxilios e dentro do Camping Municipal, a zona de Podium.
 
A proba está aberta para as categorías de Elite-Sub23masculino e feminino; Júnior masculino e feminino; Cadete masculino e feminino; Máster 30/40/50 feminino e Máster 30/40/50/60 masculino.
 
O Trofeo comezará ás 14:00 horas coas probas cadetes. Continuará ás 15:00h coa proba na categoría Elite-Sub23, Júnior masculino Elite-Sub23 e Júnior feminino, seguida, ás 16:00h pola categoría MÁSTER 30/50/60 masculino e Máster feminino. Ás 17:00h comezará a última proba na categoría Máster-40.
 
O evento conta con todas as medidas de seguridade do Clube organizador e da Federación Ciclismo Galego. Disporá de marcaxe específica para a proba así como protección en vallas e arborado ao longo de todo o percorrido e cumple co protocolo COVID para seguridade dos participantes, asistentes ao evento e para a organización.
 
Fonte: Concello da Cañiza 

GALERÍA DE FOTOS

Presentación do I Trofeo Ciclocross Concello da Cañiza
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es