Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Calendario provisional do ciclocrós galego 2022-2023

04 DE AGOSTO DE 2022

O CX autonómico alcanza un récord con 20 probas, 5 delas internacionais

Calendario-provisional-do-ciclocros-galego-2022-2023

Foto: Luz Iglesias

O ciclocrós galego volve bater o seu récord na temporada 2022-2023. Dende o 8 de outubro ata o 6 de xaneiro a nosa comunidade será o escenario de 20 probas: as 5 primeiras serán de carácter internacional, as 14 seguintes da Copa Galicia e a última, xa no 2023, exercerá de campionato autonómico. 

Dos 17 eventos que se celebraron a pasada campaña, repiten 15. As incorporacións son o Ciclocrós Internacional Lago das Pontes (12 outubro), o Ciclocrós Apersa Audi Concello de Barbadás (19 novembro), a I Proba Concello de Santiso (4 decembro), o Gran Premio Ciclocrós Deputación de Lugo (8 decembro) e o Trofeo A Laboral (31 decembro).

Outra das novidades vivirase na xornada inaugural da Copa Galicia. O V CX Caimanes Betanzos disputarase en horario nocturno.

Citas internacionais

O repóker de probas pertencentes ao calendario UCI (Unión Ciclista Internacional) concentrarase no mes de outubro. Durante oito días Galicia converterase na referencia do ciclocrós en Europa. O día 8 abrirase este bloque de competicións co Gran Premio Cidade de Pontevedra, que por segundo ano consecutivo gozará da categoría UCI C1. A Illa das Esculturas acollerá un novo ensaio xeral o ensaio xeral para o Campionato de Europa que no 2024 terá lugar no circuíto ao carón do Lérez.  

Repetindo a fórmula das últimas temporadas, ao día seguinte (9 de outubro) o Ciclocross Internacional XaxanCX pechará a fin de semana. A xornada dominical organizada polo XSM de Marín no trazado de Chan de Gagán mantense como evento C2, o mesmo rango que as tres probas que se estrearán no panorama UCI. 

O 12 de outubro, festivo estatal, chegará a primeira edición do Ciclocrós Internacional Lago das Pontes, evento impulsado polo Club Ciclista Vilalba-As Pontes. A localidade coruñesa entra pola porta grande no calendario e exercerá de ponte con outra fin de semana de dobre cita con esta modalidade na provincia de Pontevedra.

O Concello de Ribadumia recuperou o pasado mes de novembro a súa aposta polo CX, quince anos despois de ter vivido un Campionato de España, e o vindeiro 15 de outubro dará un paso máis co bautizo do seu Ciclocrós Internacional. Ao mesmo desafío que o Club Ciclista Ribadumia lánzase o Club Ciclista Corbelo. Tras poñer en marcha no 2020 o Ciclocrós Con da Romaíña-Concello de Sanxenxo, na súa terceira edición a proba lucirá por primera vez no seu nome a catalogación de Internacional. 

 

OUTUBRO

08-out

GRAN PREMIO CIDADE DE PONTEVEDRA

FGC

INTER. C1

Copa de España

09-out

CICLOCROSS INTERNACIONAL XAXANCX

X.S.M C.C.

INTER. C2

12-out

CICLOCROSS INTERNACIONAL LAGO DE AS PONTES

VILALBA-AS PONTES, C.C.

INTER. C2

15-out

CICLOCROSS INTERNACIONAL CONCELLO DE RIBADUMIA

RIBADUMIA  C.C.

INTER. C2

16-out

III CICLOCROSS INTERNACIONAL CON DA ROMAIÑA

CORBELO C.C.

INTER. C2

22-out

V CX CAIMANES BETANZOS

CAIMANES, C.C.

1.33.5

Copa Galicia

23-out

VI CICLOCROSS VAL DE ESMELLE

ESMELLE, C.C.

1.33.5

Copa Galicia

29-out

XX CICLOCROSS CIDADE DE SANTIAGO

COMPOSTELANO, C.C.

1.33.A

Copa Galicia

         

NOVEMBRO

01-nov

XIII CICLOCROSS CONCELLO DE CAMBRE

CAMBRE, C.C.

1.33.5

Copa Galicia

12-nov

XXIV TROFEO MONTES DE EIRAS DE CICLOCROSS

O ROSAL, C.C.

1.33.5

Copa Galicia

19-nov

I CICLOCROSS APERSA AUDI CONCELLO DE BARBADAS

OURENSE TERMAL  C.C.

1.33.A

Copa Galicia

26-nov

V TROFEO CICLOCROSS CONCELLO DO PORRIÑO

AVANZA, A.D.

1.33.5

Copa Galicia

27-nov

XV CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA

MACEDA, C.C.

1.33.5

Copa Galicia

         

DECEMBRO

04-dec

I PRUEBA AYUNTAMIENTO DE SANTISO

COMPOSTELANO, C.C.

1.33.A

Copa Galicia

06-dec

XXXV TROFEO CICLOCROSS CONCELLO DE BOIRO

BARBANZA, C.C.

1.33.5

Copa Galicia

08-dec

GRAN PREMIO CICLOCROSS DIPUTACION DE LUGO

TEAM BIKE OUTEIRO DE REI   C.

1.33.5

Copa Galicia

10-dec

II CICLOCROSS CONCELLO DE NIGRAN ZFV-PORTO DO MOLLE

CORUXO C.C.

1.33.5

Copa Galicia

11-dec

2º CICLOCROSS BORJA GOMEZ MENDEZ

PONTEAREAS C.C.

1.33.5

Copa Galicia

31-dec

COPA DE GALICIA CICLOCROS. TROFEO A LABORAL

MONTE XALO P.C.

1.33.5

Copa Galicia

         

XANEIRO

06-xan

5 CICLOCROOS POIO MOVESE - CAMPIONATO DE GALICIA

POIO BIKE  C.

1.33.5

Campionato de Galicia

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es