Facebook Twitter Youtube Instagram Español

María Filgueiras e Uxía Soto entran na lista da Selección Española para o Mundial de Ciclocrós

27 DE ENERO DE 2023

As dúas juniors galegas competirán o sábado 4 de febreiro en Hoogerheide

Maria-Filgueiras-e-Uxia-Soto-entran-na-lista-da-Seleccion-Espanola-para-o-Mundial-de-Ciclocros

O ciclocrós galego contará con dobre representación no Mundial de Ciclocrós 2023. As juniors María Filgueiras (XSM) e Uxía Soto (Supermercados Froiz) aparecen na convocatoria de once ciclistas confeccionada polo seleccionador español Pascual Momparler. A betanceira e a ponteareá competirán o sábado 4 de febreiro, ás 11:00 horas, no circuíto neerlandés de Hoogerheide. 

As dúas xuvenís vivirán nos Países Baixos a súa primeira experiencia nun Campionato do Mundo de Ciclocrós. A primeira e a segunda clasificada esta temporada na Copa de España serás as únicas corredoras de España na proba que inaugura o programa individual. O resto da lista compóñena os juniors Gorka Corres, Hodei Muñoz e Carlos Gámez; na categoría elite Felipe Orts, Kevin Suárez, Lucía González e Sofía Rodríguez; e na sub23 Gonzalo Inguanzo e Alain Suárez.

A Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) explica que as/os ciclocrosistas convocadas/os cumpriron na data designada cos criterios de selección que marcou a dirección técnica como condición para poder acudir a esta edición do Mundial

 

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es