Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Xunta recoñece con Disticións ao Mérito Deportivo a seis figuras históricas do ciclismo galego

04 DE OCTUBRE DE 2022

Os galardoados son Álvaro Pino, Xulio Conde, José García Varela 'Ventosa' e a título póstumo Guillermo Sande, Ernesto Falcón e Magín Froiz

A-Xunta-reconece-con-Disticions-ao-Merito-Deportivo-a-seis-figuras-historicas-do-ciclismo-galego

A Xunta de Galicia entregará este mércores, nun acto que terá lugar en Santo Domingo de Bonaval (Santiago de Compostela), 106 Disticións ao Mérito Deportivo. Entre os galardoados aparecen seis figuras históricas do ciclismo galego: Álvaro Pino -gañador da Vuelta España en 1986-, Xulio Conde -máximo responsable do Clube Ciclista Maceda-, José García Varela 'Ventosa' -un dos fundadores do Club Ciclista Betanzos-, e a título póstumo serán homenaxeados Guillermo Sande -durante case 25 anos formando parte como técnico do equipo da Federación Ciclismo Galego-, Ernesto Falcón -presidente do Club Ciclista Cambados e durante 16 anos vicepresidente da FCG-, e Magín Froiz -fundador de Supermercados Froiz, empresa que leva 34 anos patrocinando ao G.D. Supermercados Froiz-.

Estes premios outórganse en recoñecemento do labor ou traxectoria notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean a contribuír ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da nosa Comunidade Autónoma.

Resolución

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es