Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Jacobo Ucha e Jose Manuel Abalo, novos directores técnicos da Federación Galega de Ciclismo

28 DE ABRIL DE 2021

Ucha encargarase das categorías Elite e Sub23, mentres que Abalo será o responsable de juniors e cadetes

Jacobo-Ucha-e-Jose-Manuel-Abalo-novos-directores-tecnicos-da-Federacion-Galega-de-Ciclismo

A Federación Galega de Ciclismo completou o proceso de selección dos seus novos responsables técnicos e os candidatos elixidos son Jacobo Ucha e Jose Manuel Abalo. Estes dous técnicos que se caracterizan pola súa xuventude e ampla experiencia no ciclismo intentarán cubrir, na medida do posible, o inmenso baleiro que deixou a perda de Guillermo Sande. 

Ucha terá entre as súas funcións a de seleccionador das categorías masculinas e femininas Elite e Sub23. Exciclista profesional, conta coa experiencia de ter competido nas formacións de estrada portuguesas Ràdio Popular-Boavista (2016) e W52-FC Porto (2017). Posúe o título de Director Deportivo Nivel III e no 2020 exerceu de director deportivo do Louriña Cycling Team. 

No reparto de responsabilidades Abalo encargarase das e dos juniors e cadetes. Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola Universidade de Vigo e co Máster de Alto Rendemento en Deportes Cíclicos da Universidad de Murcia, desempeñou o labor de director deportivo nos equipos Rías Baixas, Barbanza e Ribadumia. 

Responsable de Protocolo de Prevención e Protección covid-19

A CGF tamén anuncia o nomeamento de Alberto del Río como Responsable de Protocolo de Prevención e Protección covid-19. A creación desta figura débese á situación excepcional por mor da crise sanitaria que estamos vivindo e a necesidade de controlar e supervisar os protocolos que se aplican nos eventos ciclistas para reducir o risco de contaxio. 

GALERÍA DE FOTOS

Jacobo Ucha e Jose Manuel Abalo, novos directores técnicos da Federación Galega de Ciclismo
Jacobo Ucha e Jose Manuel Abalo, novos directores técnicos da Federación Galega de Ciclismo
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es