Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Curso de Director Deportivo do Nivel I

27 DE ABRIL DE 2020

Curso de Director Deportivo do Nivel I

Curso-de-Director-Deportivo-do-Nivel-I

A Federación Galega de Ciclismo (FGC) vén de pechar un convenio de colaboración coa Federación Madrileña de Ciclismo (FMC) para que todas as persoas interesadas poidan participar no Curso de Director Deportivo Nivel I que se impartirá online dende o 1 ao 13 de maio. Mediante este acordo, os alumnos e as alumnas que se inscriban aproveitarán o 50% de desconto que ofrece a Escuela de Entrenadores da FMC, organizadora desta actividade. O prazo para anotarse remata este xoves, 30 de abril. 

O obxectivo é ofrecer, nun momento no que tanto a competición como o resto da actividade ciclista está parada, a posibilidade de adquirir as competencias para a dirección de equipos e clubs. Todo iso a través da plataforma GoToMeeting que garante a correcta impartición de contidos e a posibilidade de interactuar cos profesores.

Inscricións ao Curso de Director Deportivo nivel I online aquí: https://fmciclismo.com/index.php/inscripcionescursos/curso/158  

Adxuntamos os horarios provisionais e a información do curso.

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es