Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Xornada formativa FCG para cadetes masculinos de estrada

05 DE MAYO DE 2022

O sábado 14 de maio na comarca de Santiago

Xornada-formativa-FCG-para-cadetes-masculinos-de-estrada

Os corredores cadetes masculinos de estrada serán os vindeiros protagonistas nas convivencias da Federación Ciclismo Galego (FCG). O sábado 14 de maio terá lugar na comarca de Santiago de Compostela unha xornada de tecnificación dividida nunha sesión de adestramento e outra de formación. Estreitar lazos e realizar un seguemento dos talentos máis prometedores son os principais obxectivos desta iniciativa.

Jacobo Ucha, técnico e seleccionador da FCG, estará ao cargo dos corredores convocados. O pelotón cadete rodará sobre o asfalto pola mañá e, tras a paréntese do mediodía para xantar xuntos, os ciclistas recibirán charlas formativas pola tarde.

Esta programación responde ao mesmo guión que se vén levando a cabo durante os dous últimos anos para diversas categorías e modalidades do noso ciclismo. En canto á estrada masculina, esta temporada xa se realizaron convivencias para os sub23 e os juniors. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es