Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Ensaio para a competición, mecánica e nutrición na xornada formativa FCG para os cadetes de estrada

19 DE MAYO DE 2022

A convivencia tivo como epicentro o concello de Ames

Ensaio-para-a-competicion-mecanica-e-nutricion-na-xornada-formativa-FCG-para-os-cadetes-de-estrada

Intenso programa práctico e teórico realizado polos cadetes de estrada na xornada formativa da Federación Ciclismo Galego (FCG) do pasado sábado. Co concello de Ames como epicentro, trece ciclistas pedalearon ás ordes do seleccionador autonómico Jacobo Ucha e recibiron pautas sobre aspectos como mecánica, nutrición e adestramento. Esta convivencia levouse a cabo unha semana antes do inicio da Copa Galicia da categoría en Carballo. 

Ás 10:00 horas os corredores convocados pola FCG puxéronse en marcha dende a casa consistorial de Ames. A sesión matinal consistiu en percorrer 50 quilómetros no circuíto que o vindeiro 26 de xuño acollerá a primeira edición do Trofeo Cadetes Camiño de Santiago, organizado polo Club Ciclista Compostelano. Durante este adestramento os rapaces recibiron consellos para aplicar sobre a bicicleta e na análise dos portos. A ruta tamén incluíu unha parada en Compostela Móvil, patrocinador federativo, onde o seu xerente Manuel Tanoira exerceu de anfitrión.

Ao remate do traxecto pola comarca de Santiago, os cadetes ducháronse no pavillón de Bertamiráns e nesta mesma vila compartiron mesa na cafetería Tropic Burguer. Ata este xantar achegouse Susana Señorís, concelleira de Deportes de Ames, para saúdar e desexar sorte aos ciclistas ao longo da temporada. 

Pola tarde as bicicletas descansaron e Jacobo Ucha compartiu cos corredores os seus coñecementos sobre mecánica básica, alimentación nas carreiras e planificación dos adestramentos. Esta sesión non só foi teórica e os cadetes competiron entre eles nun concurso que consistiu en cambiar a cámara dunha roda. 

 

GALERÍA DE FOTOS

Ensaio para a competición, mecánica e nutrición na xornada formativa FCG para os cadetes de estrada
Ensaio para a competición, mecánica e nutrición na xornada formativa FCG para os cadetes de estrada
Ensaio para a competición, mecánica e nutrición na xornada formativa FCG para os cadetes de estrada
Ensaio para a competición, mecánica e nutrición na xornada formativa FCG para os cadetes de estrada
Ensaio para a competición, mecánica e nutrición na xornada formativa FCG para os cadetes de estrada
Ensaio para a competición, mecánica e nutrición na xornada formativa FCG para os cadetes de estrada
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es