Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Concentración preparatoria para os campionatos de España Sub23 e Júnior masculinos de estrada

03 DE JUNIO DE 2022

Esta fin de semana en Mondariz-Balneario

Concentracion-preparatoria-para-os-campionatos-de-Espana-Sub23-e-Junior-masculinos-de-estrada

A menos dun mes para a disputa dos campionatos de España Sub23 e Júnior masculinos de estrada, a Selección de Galicia preparará esta fin de semana ambas citas. A localidade pontevedresa de Mondariz-Balneario será o epicentro destas dúas xornadas de adestramentos. 

SUB23

Os corredores que compiten no campo amateur traballarán dous días baixo a dirección do seleccionador autonómico Jacobo Ucha co obxectivo de ultimar o estado de forma de cara á cita que se celebrará a finais deste mes en Mallorca. A concentración comezará na tarde do sábado, día 4, cun adestramento grupal no que se simulará un circuíto parecido ao que os ciclistas se atoparán nas Illas Baleares. Ao día seguinte, realizarase unha sesión máis longa percorrendo as estradas do Condado Paradanta. 

 

JUNIORS

A concentración deseñada para os xuvenís limítase ao domingo, día 5. Os juniors porán a punto o seu estado de forma pensando no Campionato de España que terá como sede Valladolid a partir do 30 de xuño. Os corredores citados compartirán un adestramento de calidade cos Sub23 polas estradas do Condado Paradanta, onde se valorará o seu golpe de pedal a un mes vista de defender as cores da Selección de Breogán en terras pucelanas.

 

 

 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es