Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Curso Monitor Escolas de Ciclismo

18 DE NOVIEMBRE DE 2022

Do 13 ao 17 de decembro

Curso-Monitor-Escolas-de-Ciclismo-

A Federación Ciclismo Galego (FCG) organiza do 13 ao 17 de decembro o Curso Monitor Escolas de Ciclismo. O programa desta actividade formativa consta de dúas sesións online e dunha xornada presencial obrigatoria. As alumnas e os alumnos que o completen con éxito recibirán un diploma acreditativo. 

O prezo para inscribirse é de 90 euros para federad@s e de 105 euros para non federad@s. O prazo para anotarse remata o 8 de decembro ás 23:59 horas. Fai click nesta ligazón para apuntarte e consultar toda a información.

Este curso dirixido a maiores de 16 anos (inclusive) arrancará o martes día 13, de 20:00 a 22:00 horas, cunha sesión online sobre Disciplinas do Ciclismo e Escolas de Estrada impartida por Jacobo Ucha, técnico da FCG. O xoves día 15, no mesmo horario e formato, a temática a tratar serán as Escolas BTT e as Escolas Mini DH, a cargo de Alberto del Río, técnico da FCG. Os apuntamentos e as clases quedarán colgados na zona privada d@ alumn@ na páxina web da FCG.

A quenda presencial celebrarase o sábado día 17, de 10:00 a 14:00 horas, na Federación Ciclismo Galego (Rúa Fotógrafo Luís Ksado, nº 17, Vigo). A parte da Normativa Técnica de Escolas terá como poñente a Emma Fernández, xuíza árbitra do CTA galego; os Primeiros Auxilios e RCP con Desa abordaranse da man de Pepe Aguilera; e a Mecánica Básica será explicada por Pablo Alfaya. Tras finalizar eses tres bloques realizarase o exame e a clausura das xornadas.

Máis cursos

Dando continuidade á idea de promover e formar os diferentes estamentos que compoñen a FCG, está previsto para os vindeiros meses o lanzamento doutros cursos: Director Deportivo Nivel I, Director Deportivo Nivel II e Auxiliares de Ciclismo. Proximamente ofreceremos máis información sobre estas actividades, así como as súas datas oficiais, que serán en xaneiro e febreiro. 

GALERÍA DE FOTOS

Curso Monitor Escolas de Ciclismo
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es