Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Catro auxiliares arbitrais ascenden á categoría autonómica

12 DE DICIEMBRE DE 2022

Delmiro Barral, Laura Fernández, Javier Galiñanes e Irene Trabazo aprobaron o exame para formar parte do CTA galego

Catro-auxiliares-arbitrais-ascenden-a-categoria-autonomica

O Comité Técnico de Árbitros (CTA) celebrou o pasado sábado en Santiago de Compostela o exame de acceso á categoría autonómica para Xuíces Árbitros en prácticas. Esta proba realizada nas instalacións do Estadio Vero Boquete de San Lázaro superárona con éxito catro aspirantes: Delmiro Barral Fernández, Laura Fernández Gómez, Javier Galiñanes Lage e Irene Trabazo Bragado. A Federación Ciclismo Galego transmítelles os seus parabéns por ter sido declarados APTOS e deséxalles unha longa e satisfactoria carreira arbitral.

Este cuarteto que se une ao CTA galego culminou con éxito o proceso de aprendizaxe seguido durante o calendario autonómico deste último ano. Exercendo de auxiliares adquiriron coñecementos asistindo ás competicións ao longo do 2022 e esa formación puxérona de manifesto no exame.

O obxectivo acadado é o primeiro paso na carreira arbitral. Máis adiante, poderán seguir ascendendo, obtendo a categoría de Xuíz Nacional, Nacional Elite ou Internacional. 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es