Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Os sub23 de estrada protagonizaron a primeira Xornada de Formación do 2023

29 DE ENERO DE 2023

A FCG traballou cunha vintena de corredores tendo Sanxenxo como epicentro

Os-sub23-de-estrada-protagonizaron-a-primeira-Xornada-de-Formacion-do-2023

Por terceiro ano consecutivo a Federación Ciclismo Galego (FCG) aposta polas Xornadas de Formación dedicadas ás categorías de base e o calendario de convivencias 2023 arrancou este sábado. Tendo como epicentro Sanxenxo, unha vintena de corredores sub23 de estrada compartiron moito máis que unha sesión de adestramento. A piques de que comece o calendario de competicións, tiveron a oportunidade de estreitar lazos, traballar o aspecto mental e achegarse ao pelotón profesional da man dun dos representantes autonómicos no nivel UCI. 

Jacobo Ucha, técnico e seleccionador de estrada da FCG, deseñou unha sesión matinal para comprobar in situ as evolucións sobre a bicicleta dos ciclistas aos que realiza un seguemento durante toda a campaña. O percorrido de 125 quilómetros polas estradas da comarca do Salnés comezou na Piscina Municipal de Portonovo e incluíu as ascensións a Siradella (O Grove), onde se fixo un breve alto para desfrutar das súas fantásticas vistas nun día solleiro, e ao Alto do Busto. 

O resto da xornada transcorreu en Sanxenxo. O concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, saudou aos corredores acompañado polo presidente da FCG, Juan Carlos Muñiz, e despois de pasar pola ducha o pelotón sub23 galego recuperou forzas no xantar celebrado no Restaurante o Refugio.

A tarde estivo dedicada ás charlas na Casa Mariñeira de Don Fernando. Primeiro, profundouse no campo psicolóxico con Jorge Carril. O máximo responsable da consultoría Deportivamentes impartiu consellos para impulsar a motivación na categoría Sub23. A continuación tomou a palabra Samuel Blanco, o corredor que exerceu de convidado ao especial ao longo de toda a xornada. O redondelán da formación portuguesa AP Hotels & Resorts / Tavira repasou a súa traxectoria e compartiu a súa experiencia no campo profesional. Deste xeito clausurouse unha actividade que ao longo dos vindeiros meses se repetirá noutros puntos da nosa comunidade con ciclistas doutras categorías e modalidades. 

 

GALERÍA DE FOTOS

Os sub23 de estrada protagonizaron a primeira Xornada de Formación do 2023
Os sub23 de estrada protagonizaron a primeira Xornada de Formación do 2023
Os sub23 de estrada protagonizaron a primeira Xornada de Formación do 2023
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es