Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Xornada de Formación FCG para corredores cadetes de estrada

26 DE ABRIL DE 2023

O sábado 6 de maio en Ribadumia

Xornada-de-Formacion-FCG-para-corredores-cadetes-de-estrada

Os corredores cadetes masculinos de estrada serán os vindeiros protagonistas nas Xornadas de Formación organizadas pola Federación Ciclismo Galego (FCG). O sábado 6 de maio terá lugar na localidade pontevedresa de Ribadumia unha convivencia para estreitar lazos e realizar un seguemento dos talentos máis prometedores. A lista de convocados anunciarase ao día seguinte do XXXV Promoción de Ciclismo de Boiro 2023 'Gran Premio Ricardo Riveiro', primeira xornada da Copa Galicia do Porvir para o pelotón cadete.

Jacobo Ucha, técnico e seleccionador da FCG, dirixirá esta iniciativa formativa na que os ciclistas rodarán sobre o asfalto pola mañá e, tras a paréntese do mediodía para xantar xuntos, recibirán charlas formativas pola tarde. Esta programación responde ao mesmo guión que se vén levando a cabo durante os dous últimos anos para diversas categorías e modalidades do noso ciclismo. En canto á estrada masculina, esta temporada xa se realizaron convivencias para os sub23 e os juniors.

A realización desta Xornada de Formación FCG na comarca do Salnés é posible grazas á inestimable colaboración do Concello de Ribadumia e do Club Ciclista Ribadumia.

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es