Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Moreira dálle a vitoria ao Vigo-Rías Baixas na primeira cita da Copa de España Elite e Sub-23

03 DE MARZO DE 2020

Moreira dálle a vitoria ao Vigo-Rías Baixas na primeira cita da Copa de España Elite e Sub-23

Moreira-dalle-a-vitoria-ao-Vigo-Rias-Baixas-na-primeira-cita-da-Copa-de-Espana-Elite-e-Sub-23

O uruguaio Mauricio Moreira (Vigo-Rías Baixas) coroouse en Don Benito (Badaxoz) campión do Circuito Guadiana 2020, primeira proba da Copa de España Elite e Sub-23. A carreira estremeña, de 171,4 quilómetros, volveu decidirse no alto de Magacela, que se subiu ata en catro ocasiones e que, na última ascensión, tornouse decisivo para o desenlace da carreira.

O corredor sudamericano saltou do pelotón a 20 km para o final e ninguén puido seguir o seu ritmo no punto máis esixente do percorrido. Moreira adiantou no descenso ao único sobrevivente da escapada inicial, na que participara Aitor Bugarín (Supermercados Froiz), e rubricou a súa exhibición vencendo con máis dun minuto de vantaxe. O mellor galego na liña de meta foi Adrián Barros (Supermercados Froiz), 41º entrando no pelotón principal.

O Vigo-Rías Baixas, que acadou o primeiro triunfo da súa historia na Copa de España, defenderá a camisola de líder de Moreira e o primeiro posto na táboa por escuadras este domingo en en Alcantarilla (Murcia), onde se disputará o XXIX Trofeo Guerrita – Memorial Juan Romero y Diego Sánchez.

O certame estatal para corredores menores de 25 anos consta esta campaña de once citas puntuables e rematará o 9 de maio coa 58ª Clásica de Pascua en Padrón.

 

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es