Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Iván Feijoo será un dos referentes de España no Mundial de Ciclocrós 2021 de Ostende

22 DE ENERO DE 2021

A proba sub23 disputarase o sábado 30 de xaneiro

Ivan-Feijoo-sera-unha-das-referencias-de-Espana-no-Mundial-de-Ciclocros-2021-de-Ostende

O tricampión de España sub23 é un dos dez convocados polo combinado estatal para disputar o Mundial de Ciclocrós 2021 que terá lugar na localidade belga de Ostende durante a última fin de semana de xaneiro. Iván Feijoo (Nesta-Skoda Alecar) forma parte dunha citación na que o seleccionador español Pascual Momparler incluíu a outro corredor sub23, ao catalán Jofre Cullell. Este ano, por mor da pandemia, non se disputarán as probas da categoría júnior. 

A carreira sub23 está programada para o sábado 30 de xaneiro ás 13:00 horas. O alaricano Feijoo chegará a Ostende avalado pola histórica terceira posición acadada a finais de novembro na Copa do Mundo de Tábor (República Checa) e polo triunfo asinado en Torrelavega o 10 de xaneiro no Campionato de España, obtendo a súa terceira coroa sub23 consecutiva. 

O ourensán permanecerá concentrado xunto aos seus compañeiros de selección do 24 ao 28 de xaneiro en Altea (Alicante), antes de partir cara Bélxica para competir na cita máis importante do ano.

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es