Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A nova pel da Selección de Galicia

29 DE ABRIL DE 2021

Os combinados autonómicos de todas as modalidades estrearán deseño no uniforme de competición

A-nova-pel-da-Seleccion-de-Galicia-

O ciclismo galego está de volta e faino con nova pel. As seleccións autonómicas de todas as modalidades estrearán esta temporada deseño no uniforme de competición. As novas equipacións, confeccionadas por OTTOBOSLEY, comparten a estética da imaxe corporativa que identifica á Federación Galega de Ciclismo dende a pasada semana. 

As cores representativas de Galicia, o branco e o azul, mantéñense no maillot. Os creadores da nova equipación inspiráronse no deseño que a Selección lucía na primeira metade dos anos 90.

Un detalle identificativo da nosa terra atopámolo na espalda. A cuncha do peregrino, a gran icona do Camiño de Santiago, aparece acompañada do novo eslogan do noso deporte en Galicia, que toma prestada a letra do himno autonómico: "Somos o Ciclismo da costa verdescente, do raio transparante, do prácido luar e do fogar de Breogán". 

Tanto na parte dianteira como na traseira da camisola aparecen os logotipos da Xunta de Galicia, Deporte Galego, NON e Xacobeo 2021. O culotte é negro, confeccionado en licra pura, con detalles e o nome de Galicia en branco. 

Os novos uniformes estarán proximamente á venda na nosa Tenda Online.  

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es