Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Selección de Galicia participará na Vuelta al Besaya

14 DE MAYO DE 2021

A 35ª edición desta rolda por etapas júnior masculina disputarase do 24 ao 27 de xuño

A-Seleccion-de-Galicia-participara-na-Vuelta-al-Besaya-

Unha das roldas por etapas máis prestixiosas do calendario júnior masculino español contará coa presenza da Selección de Galicia. O combinado autonómico disputará con sete corredores a 35ª Vuelta al Besaya. A proba cántabra disputarase do 24 ao 27 de xuño. 

Jose Manuel Abalo dirixirá á Selección neste desafío que consta de catro etapas en liña: Los Corrales de Buelna - San Felices de Buelna (116 km); Villasevil - Bostronizo (93,5 km); Colindres - La Bien Aparecida (102 km); Torrelavega - Corrales de Buelna (110 km).

O nivel desta volta queda de manifesto botando unha ollada ao seu palmarés no que sobresaen gañadores como o chapeleiro Marcos Serrano en 1989, o portugués Sergio Paulinho en 1998, o vixente campión de España profesional Luis León Sánchez no 2001, o exprofesional vigués David Abal no 2004 e dous membros do actual cadro de corredores do Ineos: Jhonatan Narváez no 2015 e Carlos Rodríguez no 2019.

www.vueltaalbesaya.com 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es