05 DE NOVIEMBRE DE 2021
Esta fin de semana, 6 e 7 de novembro, completarase nos municipios madrileños de Cadalso de los Vidrios e Cenicientos o Campionato de España de Ciclismo Adaptado de estrada despois de que a celebración do mesmo tivera que suspenderse o pasado 29 de maio mediada a competición polo falecemento dunha voluntaria de Protección Civil.
Ata o desgrazado accidente se disputaran unicamente o Team Relay e as contra o reloxos para Tándem e handbikes. Polo tanto, esta fin de semana realizaranse as cronos individuais de bicicletas e tándems e as probas en liña de todas as categorías.
A Selección de Galicia estará representada na Comunidad de Madrid por sete corredores. A lista de convocados é a seguinte:
ÁNGEL PLÁCIDO LÓPEZ FERNÁNDEZ - INCLUSIVO ENKI, C.D.
CATEGORÍA MH2
ALEJANDRO GONZÁLEZ PERNAS - INCLUSIVO ENKI, C.D.
CATEGORÍA MH3
DANIEL PRADA GARCÍA - INCLUSIVO ENKI, C.D.
CATEGORÍA MH3
IVÁN MANOEL MONTERO FERREIRO - RIAZOR, C.C.
CATEGORÍA MH5
ALBERTO ABALDE ALVES - RIAZOR, C.C.
CATEGORÍA MC2
SEVERINO MATA VILLAR - XTREMIBIKE, C.C.
CATEGORÍA MC5
DAMIÁN RAMOS SÁNCHEZ - RIAZOR, C.C.
CATEGORÍA MC5
O progama de competición contempla que as contra o reloxos de bicicletas comezarán ás 15:00 horas do sábado nun circuíto de 22,1 quilómetros ao que todos os participantes darán unha soa volta.
O domingo as carreiras en liña para handbikes arrancarán ás 10:00 e nas probas con presenza da Selección de Galicia daranse dúas voltas ao mesmo trazado que nas cronos. A súa conclusión, a saída para as diferentes clases de bicicletas efectuarase entre as 12:00 e as 12:05. Os corredores MC2 terán que completar dous xiros ao circuíto e os MC5, un máis.
FORMACIÓN
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es