Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Miguel Rodríguez remata 24º no seu debut nun Mundial

30 DE ENERO DE 2022

O ponteareán pechou en Estados Unidos a súa primeira temporada de ciclocrós como sub23

Miguel-Rodriguez-remata-24-no-debut-nun-Mundial

O circuíto estadounidense de Fayetteville xamais se lle esquecerá a Miguel Rodríguez. O ciclista ponteareán disputou este sábado no estado de Arkansas a que, ata o momento, foi a carreira máis importante da súa vida. Vestindo as cores da selección española, o sub23 do Supermercados Froiz participou por primeira vez nun Mundial e medíndose aos mellores ciclocrosistas do planeta na súa categoría finalizou 24º. 

O terreo estaba seco e o frío acompañou aos corredores nunha carreira sub23 dominada pola selección belga, que copou o podio. Rodríguez arrancou dende as últimas prazas nunha grella de saída composta por 41 ciclistas. O galego rodaba 35º tras as primeiras pedaladas e rapidamente as súas boas pernas permitíronlle superar rivais ata situarse ao redor da 25ª posición.

Indo de menos a maís, o de Ponteareas chegou a ocupar o posto 23 e cruzou a liña de meta 24º cun tempo de 53:18, a 3:57 do gañador Joran Wyseure (Bélxica). Gonzalo Inguanzo, o outro represeentante de España, rematou 1 minuto e 14 segundos antes que o seu compañeiro do Supermercados Froiz. O cántabro fixo 16º.

A estrea nun Mundial de Rodríguez pon o broche de ouro a súa primera temporada de ciclocrós como sub23. Gañador da Copa Galicia absoluta e da Copa de España sub23, colgouse a medalla de bronce no campionato estatal e a nivel internacional, ademais de acudir coa Selección de Galicia a dúas citas da Copa do Mundo, formou parte do combinado estatal no Campionato de Europa. 

Clasificación

GALERÍA DE FOTOS

Miguel Rodríguez remata 24º no seu debut nun Mundial
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es