Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Tripla de ouros para a Selección de Galicia nas contra o reloxos do Campionato de España Adaptado

05 DE JUNIO DE 2022

Mila López (H4), Iván Montero (H5) e Damián Ramos (C5) acadaron as camisolas 'rojigualdas' das súas clases en Valencia

Tripla-de-ouros-para-a-Seleccion-de-Galicia-nas-contra-o-reloxos-do-Campionato-de-Espana--Adaptado

Fotos: Lp's Photography

Baño en ouro do combinado de Galicia na xornada dedicada ás contra o reloxos no Campionato de España de Ciclismo Adaptado en Estrada que se está disputando en Valencia. A Selección de Breogán fíxose con tres títulos CRI no circuíto da zona portuaria da Marina. A baionesa Mila López vestiuse a camisola 'rojigualda' nas handbikes de clase 4, o coruñés Iván Manoel Montero nas de nivel 5 e o tamén herculino Damián Ramos na competición para bicicletas adaptadas do grupo 5. 

As tres vitorias do equipo da Federación Ciclismo Galego non admitiron discusión. A máis clara de todas asinouna Mila López. Sobre unha distancia de 14,6 quilómetros impúxose cun crono de 31 minutos e 38 segundos, superando en 11'02" a Victoria Cañada (Tetrasport). O terceiro posto correspondeu a Beatriu Espuig (Tetrasport).

Nas handbikes masculinas a Selección presentaba a tres paraciclistas. Iván Montero renovou a súa coroa en H5 cun tempo de 37'35" no percorrido de 21,9 km. O segundo clasificado, Francisco Tamarit (Unlimited) quedou a 2'19" e o podio completouno Jose Rojas (Sevilla). Os outros dous galegos nas competicións de pedalear coas mans, Alejandro González e Daniel Prada, obtiveron a 14ª e a 17ª praza respectivamente na clase H3.

O terceiro triunfo da nosa comunidade tamén o conquistou un corredor do Paraciclismo Galicia. Damián Ramos confirmou as boas sensacións da semana pasada no Europeo e en Valencia cubriu os 21,9 km en 29'27, mellorando en 46 segundos o rexistro de Juan Antonio Sánchez e en 1'11" o de Manuel Pérez. Nesta categoría de bicicleta adaptada H5, Severino Mata fixo undécimo. 

Cuarto posto do tándem 

A Selección presentou un tándem no que José Enrique Porto tivo como guía ao almeriense Javier Chacón. O dúo que defendeu as cores da FCG rematou na cuarta posición, a 24" da medalla de bronce, despois de 29,2 km de loita contra o reloxo. 

O Campionato vivirá este domingo a súa última xornada e para a celebración das probas en liña trasládase á localidade de Torrent. 

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es