Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Damián Ramos non se baixa do top-10 na Copa do Mundo e no Mundial de Ciclismo Adaptado do Canadá

17 DE AGOSTO DE 2022

O paraciclista C5 coruñés colleitou catro postos entre os dez primeiros

Damian-Ramos-non-se-baixa-do-top-10-na-Copa-do-Mundo-e-no-Mundial-de-Ciclismo-Adaptado-do-Canada

Con catro probas nun período de nove días, o galego Damián Ramos viviu no Canadá unha enriquecedora experiencia competitiva ao máis alto nivel. O paraciclista coruñés foi o único representante da selección española na clase C5 da Copa do Mundo de Ciclismo Adaptado do Quebec e no Campionato do Mundo de Baie-Comeau. Tanto nas contra o reloxos individuais como nas carreiras en liña, non saíu do top-10

O progama de Ramos arrancou o 5 de agosto cunha sexta praza na CRI de 26,4 quilómetros da Copa do Mundo, mesma posición que repetiu dous días despois nos 79,2 km da proba de fondo no Quebec. 

Tras o primeiro dobre asalto, o 12 de agosto chegou o bautizo mundialista do membro do ParaciclismoGalicia. Ramos clasificouse oitavo na crono de 28,4 km de Baie-Comeau e a súa colleita de postos de honra en territorio canadense pechouna o pasado domingo facendo décimo nos 81,9 do Mundial de fondo, unha carreira na que realizou un gran labor de equipo a prol do seu compañeiro de selección Juan Alberto Jiménez, que ao esprint logrou a cuarta praza na clase C4. 

Máis información 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es