Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Ángel Suárez e Pablo Rodríguez acoden coa selección española ao Mundial de Les Gets

22 DE AGOSTO DE 2022

O vigués competirá este sábado e a quenda do macedao chegará o domingo

angel-Suarez-e-Pablo-Rodriguez-acoden-coa-seleccion-espanola-ao-Mundial-de-Les-Gets

Os dous abandeirados elites do BTT galego forman parte da convocatoria de 25 ciclistas confeccionada polo seleccionador español Mikel Zabala para o Mundial de MTB que se celebra esta semana na localidade francesa de Les Gets. O vigués Ángel Suárez competirá o sábado na proba de Descenso e ao día seguinte chegará a quenda do macedao Pablo Rodríguez no circuíto de Cross Country Olímpico. 

O ourensán volverá defender o uniforme do combinado estatal dúas semanas despois do Campionato de Europa disputado en Múnich. Rodríguez clasificouse 26º no trazado alemán e á conclusión da carreira explicou que "nos defendemos ben nun circuíto rapidísimo, que non nos ía moi ben, non era moi técnico nin tiña gran dureza, pero creo que si foi bonito e espectacular para o público. Agora xa a pensar no Mundial".

Pola súa banda, Suárez regresa ao Mundial con ganas de desquitarse do acontencido o ano pasado cando as referencias estaban a facerlle soñar coas medallas, pero sufriu unha caída no treito final. 

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es