Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Convocatoria de Galicia para o Campionato de España de Ciclocrós

07 DE ENERO DE 2023

23 ciclistas representarán á Selección de Breogán a vindeira semana en Vic

Convocatoria-de-Galicia-para-o-Campionato-de-Espana-de-Ciclocros

Defendendo o título Team Relay acadado o ano pasado en Xàtiva, a Selección de Breogán iniciará o vindeiro venres na localidade barcelonesa de Vic a súa participación no Campionato de España de Ciclocrós 2023. Un total de 23 ciclistas defenderán as cores de Galicia no evento que se prolongará ata o domingo. A lista confeccionada polo seleccionador Alberto del Río está composta case ao 50% por rapazas e rapaces da categoría cadete.

A aposta por impulsar a progresión do grupo de idade máis novo que compite no campionato estatal reflíctese na convocatoria de once cadetes. A segunda categoría con maior representación é a júnior con cinco ciclocrosistas, un quinteto no que están as tres primeiras clasificadas na xeral final da Copa de España 2022: María Filgueiras, Uxía Soto e Aroa Otero. A citación complétase con tres especialistas Sub23, dous Elite e dous Máster-40.

A expedición galega ten prevista a súa chegada a Vic o mércores, día 11, e ata o domingo, día 15, o formato de aloxamento será en casa para favorecer a convivencia e personalizar os horarios de comidas, descanso e adestramentos. Os responsables da Selección tamén deseñaron un planning no que se reserva tempo para as rutinas académicas das corredoras e dos corredores que estén cursando estudos, así como para a celebración de charlas técnicas. 

O primeiro Campionato de España do 2023 arranca o venres ás 16:30 coa proba Team Relay por seleccións autonómicas. O sábado pola mañá disputaranse as carreiras masters masculinas, coa Máster-40 ás 10:45 horas, e pola tarde chegará a quenda das cadetes e das masters ás 15:00 e dos cadetes ás 15:50. O domingo concentrarase toda a actividade na sesión matinal: Juniors masculinos (9:30), Sub23 masculinos (10:30), carreira raíña feminina -Elite,Sub23 e Júnior- (11:55) e proba Elite masculina (13:10).

 

CONVOCATORIA

-CADETES FEMININAS

Alba Gregores López (Ponteareas, C.C.)

Alejandra Neira Domínguez (Cambre, C.C.)

Iris Fernández Salgado (Maceda, C.C.)

Lorena Patiño Villanueva (XSM, C.C.)

 

-CADETES MASCULINOS

Darío Buceta Armada (Farto, C.C.)

Néstor Frías Bajo (Maceda, C.C.)

Santiago Rodrigo Otero López (XSM, C.C.)

Arón Lorenzo González (Compostelano, C.C.)

Xián Alvariño Rodríguez (Ponteareas, C.C.)

Raúl Puelles Loredo (Caimanes Betanzos, C. BTT)

Adrián García Ramos (Compostelano, C.C.)

 

-JUNIORS FEMININAS

Aroa Otero Táboas (Supermercados Froiz, G.D.)

María Filgueiras Barcenilla (XSM, C.C.)

Uxía Soto Álvarez (Supermercados Froiz, G.D.)

 

-JUNIORS MASCULINOS

André Martínez Rodríguez (Avanza, A.D.)

Martín Díaz Gómez (Caimanes Betanzos, C. BTT)

 

-SUB23 FEMININA

Laura María Mira Juárez (Supermercados Froiz, G.D.)

 

-SUB23 MASCULINOS

Anxo Carril Rojas (Coruxo, C.C.)

Borja Gómez Méndez (Ponteareas, C.C.)

 

-ELITE FEMININA 

Irene Trabazo Bragado (XSM, C.C.)

 

-ELITE MASCULINO

Samuel González Carrera (Máis Que Bicis, C.C.)

 

-MÁSTER-40 FEMININA

Marina González Rodríguez (Illas Cíes Cycling Team)

 

-MÁSTER-40 MASCULINO

Andrés Calvete Candal (Monte Xalo, P.C.)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es