12 DE JUNIO DE 2020
Despois da celebración da última Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo xa se coñecen as novas datas de celebración dos Campionatos de España de BTT nas súas distintas modalidades para o ano 2020.
A expansión da pandemia de COVID-19 obrigou a pospoñer a disputa dos Campionato de España de Enduro, Ultramaratón, Descenso e XCO/ XCE, que xa contan cun novo lugar no calendario grazas a un intenso traballo realizado xunto aos seus respectivos organizadores. O Campionato de España de BTT Maratón, previsto para o 30 de agosto coa disputa da Lalín Biker Race, será o único que se celebrará na data orixinalmente prevista.
O calendario dos Campionatos de España de BTT do ano 2020 queda da seguinte maneira:
30 de agosto / Campionato de España de BTT Maratón / Lalín (Pontevedra, Galicia)
13 de setembro / Campionato de España de BTT Enduro / Castejón de Sos (Huesca, Aragón)
19 de setembro / Campionato de España de BTT Ultramaratón / Calamocha (Teruel, Aragón)
27 de setembro / Campionato de España de BTT Descenso / El Raso-Candeleda (Ávila, Castilla y León)
16 a 18 de outubro / Campionato de España de BTT XCO/XCE / Sabiñánigo (Huesca, Aragón)
Os hashtags oficiais dos Campionatos de España de BTT serán os seguintes: #CEMaratonLalin20, #CEEnduro20, #CEUltramaratonCalamocha20, #CEDescensoCandeleda20 e #CEXCOSabiñanigo20.
FORMACIÓN
BMX
BTT
BTT
BTT
BMX
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es