Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Campionato de España de XCM abre inscricións o próximo luns, 20 de xullo

17 DE JULIO DE 2020

A Lalín Bike Race abre inscricións en primeira instancia (do 20 ao 26 de xullo) para persoas con licenza de competición.

O-Campionato-de-Espana-de-XCM-abre-inscricions-o-proximo-luns-20-de-xullo

O vindeiro luns 20 de xullo ás 10:00 abriranse as inscricións do Campionato de España de  XCM - Lalín  Bike Race. O formulario, do 20 ao 26 de xullo, será exclusivo para persoas con licenza de competición. Con todo, a partir do 27 de xullo eliminarase dita restrición e poderanse inscribir non federados e cicloturistas. A partir desa data as persoas con licenza de competición tamén poderán seguir inscribíndose.

Ademais, os directores deportivos deberán entregar asinado o documento de 'Declaración Responsable Entidades Directores Deportivos'. Descárgao aquí!

Pola súa banda, os deportistas que acudan de maneira individual deberán entregar asinado o documento de ‘Declaración Responsable Deportistas Maiores Idade’. Descárgao aquí!

Por último, achégase na noticia o protocolo COVID da Federación Galega de Ciclismo que será de aplicación nesta proba e tamén a táboa co plan da organización que describe como actuar antes, durante e posteriormente á proba. Todos os membros da expedición deberán coñecelo e cumprilo.

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es