Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Feijoo arranca en Colina Triste cun sexto posto

06 DE AGOSTO DE 2020

O alaricano forma tándem no conxunto Nesta co cántabro Kevin Suárez

Feijoo-arranca-en-Colina-Triste-cun-sexto-posto

O BTT Maratón de nivel internacional regresou este xoves a España. En Burgo de Osma (Soria) disputouse esta mañá a primeira das catro etapas de Colina Triste, proba UCI XC S2. Entre a delegación galega desta competición que se disputa por parellas o mellor clasificado foi Iván Feijoo.

O alaricano, formando tándem no equipo Nesta co cántabro Kevin Suárez, percorreu en 2 horas 48 minutos e 39 segundos os 78 quilómetros dun trazado no que se acumulaban 1.150 metros de desnivel. O vixente campión de España sub23 de ciclocrós cruzou a liña de meta a 6:17 dos gañadores David Valero e Sergio Mantecón (MMR). O segundo posto ocupárono Tiago Ferreira e Hans Beking (DMT) e o terceiro, Ismael Ventura e Guillem Cassu (Tbelles).

Ás portas do Top-10, na undécima posición, finalizou o macedán Pablo Rodríguez xunto a Carlos Coloma (BH Templo), mentres que no resto da representación galega o ciclista profesional de estrada Pablo Torres, con Fabricio Ferrari como compañeiro, clasificouse 21º; o dúo de bikers do Extol formado por Javier Busto e Miguel Ángel Arias, 25º; e o profesional de estrada Carlos Canal, acompañado por Pablo Guerrero, 38º.

Clasificación

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es