Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Pablo Rodríguez reforza a súa candidatura para Tokio na primeira proba da Copa do Mundo

10 DE MAYO DE 2021

O macedán rematou 38º e segundo mellor español no circuíto alemán de Albstadt

Pablo-Rodriguez-reforza-a-sua-candidatura-para-Tokio-na-primeira-proba-da-Copa-do-Mundo-

Foto: Silvia Fernández Sainz

"Pode que non soe demasiado ben, pero xoguei ben as cartas saíndo co dorsal 78 e xente pasando por todos lados", así valora Pablo Rodríguez o seu estreo na Copa do Mundo de Cross Country Olímpico (XCO) 2021. O macedán do BH Templo cafés rematou satisfeito este domingo en Albstadt tanto por remontar ata o 38ª posición como por ser o segundo mellor español da xornada. O seu resultado no circuíto alemán achégao aos Xogos Olímpicos. 

Cinco bikers españois pugnan por dúas prazas para Tokio e o ourensán estaba colocado na grella de saída por detrás de dous deles: David Valero (BH Templo) e Sergio Mantecón (MMR). Rodríguez non conseguiu alcanzar ao seu compañeiro de equipo, que finalizou 28º, pero a súa progresión permitiulle quedar segundo entre os seleccionables pola RFEC cun tempo de 1:25:36. Ismael Estaban clasificouse 46º, Jofre Cullell (Primaflor) 55º e Mantecón 60º. 

O segundo exame olímpico na Copa do Mundo chegará a vindeira fin de semana en Nove Mesto. O francés Victor Koretzky (KMC) presentarase como líder da xeral na República Checa por diante de Nino Schurter (Scott) e Mathias Flueckiger (Thomus), os dous suízos que o escoltaron no podio de Albstadt. 

Clasificación

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es