Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Lalín, sede este domingo do Campionato de España de BTT XCUM

20 DE MAYO DE 2022

A Lalín Bike Race definirá aos novos campións da sempre esixente modalidade de Ultramaratón

Lalin-sede-este-domingo-do-Campionato-de-Espana-de-BTT-XCUM

A localidade pontevedresa de Lalín acolle este domingo o Campionato de España de Ultramaratón (XCUM), unha sempre esixente disciplina que contará coa participación de 240 competidores.

Ás 7:40 horas da mañá formaranse as grellas de saída para, ás 8:00 h. dar o pistoletazo inicial ao Campionato de España, unha Lalín Bike Race-Xacobeo 21-22 con saída e meta na Praza de Galicia.

Os homes terán que facer fronte a un percorrido de 140 quilómetros e 4.300 metros de desnivel positivo acumulado, mentres que as mulleres competirán sobre un trazado de 121 quilómetros e 4.000 metros de desnivel positivo acumulado.

Non faltarán á cita os vixentes campións na categoría elite. A mosense Susana Alonso e Fran Herrero defenderán os títulos conquistados o ano pasado en León ante unha gran nómina de candidatos a vestir a camisola 'rojigualda' de campión de España como José Márquez, Roberto Bou, Manuel Cordero, Ramona Gabriel, Estefanía Gutiérrez ou a pontenovesa María Teresa Barreira, entre outros.

 

Fonte: RFEC

 

Máis información e Guía Técnica

 

GALERÍA DE FOTOS

Lalín, sede este domingo do Campionato de España de BTT XCUM
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es