Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Casuso cólgase o ouro máster-30 B coa Selección de Galicia no Campionato de España XCUM de Lalín

23 DE MAYO DE 2022

Os masters da nosa comunidade lograron seis medallas. Barreira e Busto, quintos nas clasificacións elites.

Casuso-colgase-o-ouro-master-30-B-coa-Seleccion-de-Galicia-no-Campionato-de-Espana-XCUM-de-Lalin

Fotos: Pablo Saa

Por segundo ano consecutivo a Lalín Bike Race - Xacobeo 21-22 exerceu de Campionato de España. Se no 2021 repartiu os títulos de Cross Country Maratón, este domingo puxo en xogo as coroas estatais de Cross Country Ultramaratón (XCUM). A Selección de Galicia estivo representada por seis bikers e Manuel Casuso outorgoulle a medalla de ouro no seu grupo de idade, un dos seis podios que acadaron os masters da nosa comunidade. 

Ás 08:00 horas arrancou o evento organizado polo Extol MTB Team e o Montes do Deza, un desafío marcado polo frío e a chuvia durante moitos momentos; unhas condicións que fixeron aínda máis duros os percorrido de 140 quilómetros e 4.300 metros de desnivel positivo acumulado para os homes e de 120 km e 4.000 metros de desnivel positivo acumulado para as mulleres. 

Entre os máis de 200 participantes non tardou en distanciarse en solitario Javier Busto (Selección de Galicia) e o lalinense pasou en solitario pola primeira zona técnica, situada no km 28. Á altura do km 50 era un trío de corredores formado polo propio Busto, Roberto Bou (Cannondale) e Manuel Cordero (GR-100) os que transitaban á fronte da carreira, co aragonés Bou soltando aos seus acompañantes no alto do Candán pouco despois e poñendo rumbo en rumbo en solitario a polo título de campión de España. 

Unha rotura do cable do bloque na pinza, o que lle obrigou a parar para reparalo na terceira asistencia, penalizou o Busto. Cruzou a meta na quinta posición elite e absoluta, cun tempo de 6:40:04, rematando dous postos por diante de Yago Fernández (Extol).

No top-10 elite entrou un terceiro galego, Brandan Márquez (Selección de Galicia), a quen unha picada e posteriores problemas coa presión da roda lle impediron finalizar máis adiante tras ter pasado quinto polo segundo punto intermedio. Outro elite como Alberto Alanis, defendendo as cores do combinado autonómico, abandonou entre o terceiro e o cuarto punto de asistencia por mor dunha rotura de válvula e máis tarde sufrir picadas na mesma roda. Estaba rodando entre os dez primeiros da xeral. 

Medallas masters

Cando o cronómetro do arco de chegada superaba en 23 segundos as 7 horas, Manuel Casuso converteuse no novo campión de España máster-30 B. Subcampión o ano pasado en León, esta vez conquistou o título como compoñente da Selección de Galicia. O santiagués venceu na súa categoría con 8'27" de vantaxe respecto ao seu compañeiro de equipo Gonzalo Vidal (Xesteiras). O terceiro chanzo do podio ocupouno Andrés Lorenzo (R-Telecom).

Os homes da estrutura Cuntis acadaron dúas medallas máis. Alejandro Trasbach alcanzou a meta xunto a Casuso e concluíu segundo nos máster-40 B, grupo de idade dominado polo andaluz Juan Pedro Trujillo (Conway). O Club de Montaña Xesteiras tamén pisou o caixón máster-50 B por medio de José Ramón Castelo, terceiro por detrás do gañador Javier Puente (C.D.C. León) e de José Manuel Pérez Ovide (Castropol). 

O repóker de metais galegos masculinos completouno Juan Manuel Expósito nos masters-50 A. O fondista do MTC Team de Lugo terminou segundo, sendo unicamente superado no seu grupo de idade por Ibon Zugasti (Orbea).

Abandono de Alonso

A mosense Susana Alonso non puido revalidar a súa coroa elite en Lalín. A corredora do Extol tivo que baixarse da bicicleta e a catalá Ramona Gabriel (Mig Segre) sucedeuna como campioa estatal. Das oito elites que finalizaron a proba, tres foron galegas. María Teresa Barreira e Eva Ortega, competindo ambas coa Selección de Galicia, clasificáronse quinta e sétima respectivamente, mentres que Mar Delgado (Monteneme) terminou novena. 

En canto ás masters, o Xesteiras tamén tivo presenza nun podio feminino. Rebeca Muñoz logrou o segundo posto no grupo de idade 40 B, elevando a seis a colleita de medallas galegas no estatal de XCUM. 

Clasificación

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es