Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Só o líder da Copa de España de Ultramaratón puido con Brandán Márquez en La Iruela

02 DE OCTUBRE DE 2022

Juan Manuel Expósito (MTC) anotouse a vitoria nos Máster-50

So-o-lider-da-Copa-de-Espana-de-Ultramaraton-puido-con-Brandan-Marquez-en-La-Iruela

Despois de tres meses e medio de paréntese a Copa de España de Ultramaratón (XCUM) reactivouse coa súa terceira e penúltima xornada. Na provincia de Jaén, sobre un percorrido de 148 quilómetros, celebrouse este sábado La Iruela MTB VI Ultramaratón e dous galegos subiron ao podio. Brandán Márquez (V Bike) obtivo a segunda posición Elite e Juan Manuel Expósito (MTC) anotouse a vitoria nos Máster-50. 

O líder elite da Copa, o castelán-leonés Raúl Castrillo (Velobur), foi o máis forte nun trazado no que se acumulaban 4.100 metros de desnivel positivo. A 3:52 do gañador cruzou a liña de meta Márquez. O biker vigués mantivo un duelo pechado polo segundo posto co tamén elite Álvaro Nieto e bateu ao castelán-leonés por 28 segundos. Os dous chegaban a esta cita igualados a puntos na segunda praza da xeral, que agora corresponde en solitario ao corredor do V Bike, a 85 puntos do líder. 

Outros dous galegos metéronse no top-10 elite. Alberto Alanís (Burgas Bike) rematou oitavo e Manuel Piñeiro (MTC), noveno. Xunto ao representante da formación lucense chegou o seu compañeiro de equipo Juan Manuel Expósito, vencedor máster-50 en La Iruela cun tempo de 7:36:09. O seu primeiro triunfo da temporada na Copa refórzao como líder do seu grupo idade, disparando a súa vantaxe ata os 186 puntos, o que lle deixa o título en bandexa. No podio xienense estivo escoltado por dous andaluces: Lucas Carmona (Ronda Lucena), a quen avantaxou en 50 minutos, e Manuel Gutiérrez (LucenaBikeCenter).

O último desafío do certame estatal de XCUM terá lugar o 22 de outubro no municipio turolense de Ejulve. 

 

Clasificacións La Iruela

Páxina da Copa de España XCUM 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es