Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Pereiro, Pino ou Blanco Villar entre os participantes na carreira de "Vellas Glorias" no Porriño

26 DE OCTUBRE DE 2016

Pereiro, Pino ou Blanco Villar entre os participantes na carreira de "Vellas Glorias" no Porriño

Pereiro-Pino-ou-Blanco-Villar-entre-os-participantes-na-carreira-de-Vellas-Glorias-no-Porrino

O vindeiro sábado, día 29, ás 5 e media da tarde, darase a saída en O Porriño a unha nova edición da Carreira Ciclista ‘Vellas Glorias’, organizada pola Grupo Deportivo Diez,co colaboración da Concellería de Deportes que dirixe o que fora ciclista profesional, Manuel Carrera.

Na proba, a que acudirán campións coma Álvaro Pino, vencedor da Volta Ciclista a España, Jesús Blanco Villar, campión da Volta a Galicia, o gañador do Tour de Francia 2006, Óscar Pereiro, ou os grandísimos ciclistas Oliveira, Fabián ou Teixeira, contará coa participación de medio cento de ex profesionais integrantes dos pelotóns de todos os tempos.

A proba terá a saída e chegada diante do popular Maracaibo, seguirá pola rúa Manuel Rodriguez,  Xogo da Ola, rúa Cando, estrada xeral, a Fonte e volta á rúa Manuel Rodríguez, recuperando o percorrido tradicional.

 

Fonte: Gabinete de Prensa do Concello do Porriño

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es