Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Padrón acolle este sábado a 4ª edición da Marcha Ciclista Terras de Iria

29 DE SEPTIEMBRE DE 2016

Padrón acolle este sábado a 4ª edición da Marcha Ciclista Terras de Iria

Padron-acolle-este-sabado-a-4

O evento, organizado polo Club Ciclista Padronés-Aluminios Cortizo, prevé superar amplamente el centenar de inscritos  

 

Padrón encherase de ciclistas este sábado desde as 15.30 horas con motivo da 4ª Marcha Ciclista Terras de Iria, proba de carácter cicloturista pola contorna de Padrón, Dodro e Rois que esta tempada prevé superar o seu maior rexistro de participantes. 
O percorrido, de 75 quilómetros e deseñado para adaptarse a diferentes niveis de adestramento, conta cuns primeiros quilómetros practicamente chairos aumentando a esixencia no tramo final con portos da contorna como Formarís ou Aguasantas, incluíndo algúns tramos libres nos que cada un poderá impoñer o seu propio ritmo.
As previsións meteorolóxicas, que non auguran choiva, supoñen nesta edición unha lombeirada para confiar nun aumento na presente edición que consolide aínda máis a cita no calendario.
A inscrición para a proba segue aberta para os ciclistas e cicloturistas federados, na páxina do club (www.ccpadrones.org) onde tamén está dispoñible o percorrido, horarios e regulamento da proba.

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es