Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Máis de 800 ciclistas participarán na 'Gran Bikedada 2022' este domingo en Vigo

16 DE FEBRERO DE 2022

Un percorrido de ultrafondo, de 110 quilómetros con saída e chegada na cidade olívica, súmase ás distancias habituais de 100, 69 e 42 km

Mais-de-800-ciclistas-participaran-na-Gran-Bikedada-2022-este-domingo-en-Vigo

Máis de 800 ciclistas participarán este domingo na oitava edición da 'Gran Bikedada', unha cita deportiva e solidaria que este ano achega novidades "máis esixentes", como a proba de ultrafondo, cun percorrido de 110 quilómetros con saída e chegada a Vigo, e pasando por 6 municipios da comarca.

A proba foi presentada este martes polo responsable do Social Ciclismo Fan Manager (organizador do evento), Pepe Xagarós, e, como cada ano, o diñeiro recadado coas inscricións, que chegaron a 812, destinarase a fins solidarios, a proxectos de cooperación en Guatemala.

Na oitava edición desta proba "clásica", tras o parón obrigado pola pandemia o ano pasado, mantéñense os percorridos das probas de gran fondo (100 km), fondo (69 km) e medio fondo (42 km), pero incorporarase unha cronoescalada de 4 quilómetros, entre Castiñeira e Amoedo.

Con todo, a gran novidade é a incorporación da proba de ultrafondo, de 110 quilómetros e só para os moi preparados. Este roteiro, como o resto, sae de Vigo, e percorrerá os montes de Chapela (pola Senda da auga), Os Valos, Amoedo, Eiras, o miradoiro de Penarada (538 metros de desnivel), para volver á cidade.

Precisamente, esa subida a Penarada é o punto máis esixente da proba, segundo sinalou o especialista en distancias de ultramaratón Brandán Márquez, que matizou, con todo, que a 'Gran Bikedada', con todos os roteiros alternativos que ofrece, "é unha proba para todos, con percorrido moi ciclable".

 

Fonte: Europa Press 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es