Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Cicloturismo BTT prepárase para cinco rutas durante o inverno

05 DE ENERO DE 2023

A Chourizada de Oia, Terras de Burgueira-Loureza-Toroña, Enduro Medela, Eurocidade e Baixomiño Enduro Experience celébranse no primeiro trimestre do 2023

O-Cicloturismo-BTT-preparase-para-cinco-rutas-durante-o-inverno

As bicicletas tamén son para o inverno. O calendario da Federación Ciclismo Galego para o ano que vén de arrancar presenta cinco eventos de Cicloturismo BTT no seu primeiro trimestre. A conta atrás para volver desfrutar dos nosos montes dándolle aos pedais está preto de rematar.

O vindeiro 22 de xaneiro a temporada de rutas cicloturistas federadas abrirase coa XI BTT Chourizada de Oia e de novo co Ciclismo Oiense como anfitrión o 19 de febreiro chegará a segunda cita do ano coa III BTT Terras de Burgueira-Loureza-Torroña. Unha dobre oportunidade para percorrer as paisaxes do Baixo Miño na compaña doutras e doutros amantes da bicicleta.

No mes de marzo o calendario xa colle velocidade de cruceiro e ofrece tres marchas para despedir o inverno. O 6 de marzo en San Ciprián, no concello lucense de Cervo, a Ruta Enduro Medela MTB alcanzará a súa XIII edición. Outra cita máis que consolidada está fixada para o seguinte domingo. A Peña Biciosos-Rías Baixas organiza en Tui a X Eurocidade BTT, un evento que estreita os lazos entre Galicia e Portugal. Por último, antes de comezar a primavera e sen cambiar de comarca respecto ao domingo anterior, o día 19 estrearase a BTT BaixoMiño Enduro Experience, unha proposta que chega da man do Club Ciclista In Situ. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es