Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Primeiro curso online en castelán da TrainingPeaks University

27 DE MARZO DE 2020

Primeiro curso online en castelán da TrainingPeaks University

Primeiro-curso-online-en-castelan-da-TrainingPeaks-University

A Real Federación Española de Ciclismo e TrainingPeaks poñen en marcha este luns 30 de marzo o primeiro curso online en español da University TrainingPeaks, mediante o cal todos os participantes poderán descubrir en detalle a funcionalidade do software de adestramento que é referencia na actualidade dentro do mundo dos deportes de resistencia e gozar de acceso gratuíto a todas as funcionalidades do mesmo durante tres meses.

Training Peaks  será o provedor de software da Real Federación Española de Ciclismo durante os dous próximos anos. E para dar a coñecer a utilidade e posibilidades desta aplicación entre os nosos federados, que contarán a partir de agora con interesantes descontos na mesma, ambas as partes organizarán este primeiro curso online que constará de cinco clases online, catro delas dunha hora e unha última que constará de dúas horas de duración, entre o 30 de marzo e o 3 de abril.


APUNTATE AO CURSO ONLINE TRAININGPEAKS UNIVERSITY

O curso realizarase en directo vía online e o alumno poderá preguntar ao profesor as dúbidas que poidan ir xurdindo. O acceso á plataforma será sinxelo e o alumno poderase conectar a través do computador, tablet ou móbil. As clases quedarán gravadas para que o alumno que non poida asistir en directo á conferencia poida velo na súa zona privada cando o necesite.

O curso contará coa dirección de Javier Fernández Alba, Director da Escola Nacional de Adestradores de Ciclismo da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) e adestrador nivel II de TrainingPeaks (máximo nivel de TP) e formador oficial de Training Peaks University. No documento adxunto atoparedes toda a información relativa ao curso.

CALENDARIO DE SESIÓNS

1ª Sesión 30 Marzo de 19:00 a 20:00 h: Presentación e Configuración

2ª Sesión 31 Marzo de 19:00 a 20:00 h: Calendar Programación de adestramento.

3ª Sesión 1 Marzo de 19:00 a 20:00 h: ATP Planificación

4ª Sesión 2 de Marzo de 19:00 a 20:00 h: Análise de Métricas

5ª-6º Sesión 3 de Marzo de 18:00 a 20:00 h: Home- Introdución a WKO5. Mesa redonda

DURACIÓN:

6 HORAS

IMPORTE DA MATRÍCULA:

200 euros para federados e 250 euros para non federados. Inclúe 3 meses de acceso gratuíto á plataforma de pago de TrainingPeaks.

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es